Categoría: Sin categoría

  • Asesoría Xurídica!


    Asesoría Xurídica! É necesario incidir no respecto á independencia e profesionaliad da Asesoría Xurídica. Os nosos letrados foron apartados de procedementos importantes en beneficio de bufetes privados sen xustificación e gastando diñeiro público para tentar solucionar problemas causados pola propia xestión do equipo actual.

  • Biblioteca!

    Creación dentro da RPT dun Servizo de arquivo universitario. Modificación dos niveis da postos base.

    Ademais é importante reforzar o persoal de axudantes. Promover unha promoción interna real, con temarios adecuados e diferenciados, necesítase persoal especializado en biblioteca e persoal especializado en arquivo.

  • Transparencia

    Estamos comprometidos coa transparencia, comprometémonos a publicar as actas do órgano e dentro do que permita a lexislación de protección de datos ampliar esta publicidade (publicación de puntuación de listas de agarda, postura en temas conflitivos etc.)

  • Protección do PAS

    Estes anos sufrimos varios eventos climáticos extremos: temporais que cortaron as estradas con caídas de árbores, ventos tempestuosos, balsas de auga nas estradas… Por outra banda uns incendios cercaron o campus. Durante os incendios suspendéronse as clases, o que mantivo a salvo aos estudantes e aos profesores, que puideron pasar a facer as tarefas non presenciais. Só o PAS tivemos que traballar todas as veces dado que é probable que pensen que somos ignífugos e temos unha densidade que evita que podamos afogarnos… Se algo aprendemos da DANA de valencia é que as imprudencias matan.

    Dende UGT consideramos que debe aprobarse un plan de emerxencias, de forma que cando se suspendan as clases automáticamente se avise ao PAS para que só acuda o persoal indispensable.

  • Teletraballo e Traballo Desprazado

    En UGT sempre apostamos pola conciliación. O teletraballo ou o traballo desprazado intercampus está entre os nosos compromisos
  • Transporte e distribución

    Tras falar cos nosos compañeiros a nosa proposta é solicitar un condutor máis e promover un aplicativo para reservas dos medios dispoñibles para as saídas de campo conseguindo desta reverter a externalización de servizos.

  • Escalas de informática

    Desde UGT consideramos que efectivamente o servizo carece dunha estrutura adecuada dos seus corrrespondientes responsables e responsabilidades ben definidas na RPT ademáis necesita un reforzo urxente a nivel de recursos humanos. Para chegar a estas conclusións en UGT levamos meses en contacto con múltiples interlocutores desde os nosos compañeiros da sección ata a dirección .O director presentou un plan de estrutura para o servizo que tamen incide nistos deficits.